Quiénes somos

Somos una empresa que nació en Galicia hace más de seis décadas con una idea sencilla, estar cerca de las personas.

Historia

Vegalsa-Eroski. Más de 60 años de compromiso, innovación y cercanía.

Eroski

EROSKI es motor de compromiso en el panorama de la distribución alimentaria, con salud, sostenibilidad y comunidad al alcance de todos.

Autoservicios Familia

En Autoservicios Familia Somos el reflejo cotidiano de tu hogar. el lugar donde cada cesta está llena de vida, cuidado y propósito.

Cash Record

En Cash Record sabemos que cada profesional mueve mucho más que un negocio. Mueve ideas, sabores y experiencias que dejan huella.

Responsabilidad Social

Construimos una cadena alimentaria más humana, sostenible y solidaria, junto a nuestro equipo, clientes y el entorno gallego, asturiano y castellano-leonés.

Producción Local

Creemos que el valor de un producto empieza en las personas que lo hacen posible. Por eso hemos creado el Programa de Acompañamiento a Proveedores Locales.

Participantes de una carrera popular patrocinada por Vegalsa-Eroski

Sala de prensa

Espacio con noticias, comunicados y recursos corporativos para medios e instituciones, que recoge la actualidad de Vegalsa-Eroski de forma clara, fiable y actualizada.

Vegalsa favicon

Kit de comunicación

Ponemos a tu disposición un kit de comunicación con los recursos necesarios para representar la marca de forma correcta, coherente y profesional.

Talento

Impulsamos un entorno donde las personas pueden crecer, aportar y generar impacto real en la empresa y en el territorio.

Inmuebles

Cada inmueble se convierte en una oportunidad para crear valor local y desarrollo sostenible a través de nuestros proyectos comerciales.

Colaboración

Impulsamos alianzas y proyectos compartidos que generan impacto positivo y refuerzan nuestro compromiso con el entorno.

Inicio / Sostenibilidad Medioambiental / Vegalsa-Eroski súmase por 4 ano consecutivo ao Festival Mar de Mares

Vegalsa-Eroski súmase por 4 ano consecutivo ao Festival Mar de Mares

Vegalsa-Eroski súmase por 4 ano consecutivo ao Festival Mar de Mares

Odile Rodríguez de la Fuente reivindicou a importancia dos océanos sinalando a Mar de Mares como “exemplo paradigmático” a nivel nacional. Representantes institucionais como a Concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, e entidades colaboradoras como Vegalsa-Eroski destacaron a necesidade de sumar esforzos para a protección do medio mariño.

A duodécima edición do Festival Mar de Mares botou a andar esta mañá coa súa tradicional apertura no Mercado de San Agustín, cun acto que reuniu a patrocinadores, representantes institucionais e convidados especiais. A directora artística do festival, Silvia Oviaño, foi a encargada de dar a benvida e moderar unha mesa de intervencións breves na que cada participante destacou o valor de apoiar unha cita única no panorama da divulgación e o coidado do medio ambiente.

Odile Rodríguez de la Fuente, protagonista do primeiro encontro inspirador desta tarde na Domus, afirmou que Mar de Mares “é un festival paradigmático e exemplar, recoñecido en toda España e, pronto, tamén a nivel internacional”, e engadiu que “o mar aínda precisa moita máis concienciación: temos que coller esa bandeira e levala máis aló da Coruña”. “Estou segura de que teño algún xene galego, porque aquí síntome moi a gusto”, comentou entre risas.

Pola súa banda, Yoya Neira, concelleira de Medio Ambiente, sinalou que “Mar de Mares permite que toquemos realidades que ás veces esquecemos. A cidade viviu moitos anos de costas ao mar e agora é tempo de mirar cara el”. Subliñou tamén o esforzo do Concello por preservar o litoral e fixo fincapé nunha idea clave: “Antes de limpar, é fundamental non ensuciar”.

Desde a Deputación da Coruña, Rosa Ana García, deputada provincial responsable das áreas de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, destacou a sintonía entre Mar de Mares e as políticas ambientais da institución: “Aínda estamos a tempo de falar dun mar en bo estado de saúde, pero é imprescindible educar para preservalo”.

As entidades colaboradoras tamén tomaron a palabra. Gabriela González, directora de Sostibilidade e Comunicación de Vegalsa-Eroski, reafirmou o seu compromiso: “Seguiremos acompañándovos neste camiño”. Ademais, Isabel López Rivadulla, directora de Marketing de SIGNUS, empresa que cada ano recolle e xestiona 15 millóns de pneumáticos usados, insistiu no potencial do festival: “Para nós, colaborar aquí é participar nunha concienciación que o Mar de Mares consegue atrapar”. De feito, SIGNUS é a entidade que lidera a VI Gran Limpeza de Fondos Mar de Mares Signus, que terá lugar o domingo 15 de xuño. Laura Vázquez, de Gestán Conteco, afirmou que : “Os residuos non son o final dun ciclo, senón o comezo de novas posibilidades. Desde o cotiá, todos podemos facer algo polo mar”.

O peche do acto veu da man do artista Javier García Galdo, quen presentou a súa exposición “Un mar de preguntas”, inspirada nun libro homónimo con linguaxe accesible e reflexivo: “Se desaparecen as baleas, perdemos os grandes fertilizadores do mar. Este libro naceu das preguntas dos meus fillos e da radio, e hoxe é unha homenaxe á curiosidade”. A inauguración rematou cun percorrido pola mostra, que xa está aberta ao público e forma parte do eixe artístico desta edición.

Esta tarde, ás 19.00h, o público poderá gozar do Encontro Inspirador con Odile Rodríguez de la Fuente na Domus, nun espazo que promete emoción, reflexión e compromiso cos océanos.

Programa destacado para o sábado 7 de xuño

A xornada de mañá arrincará co avistamento de aves na contorna da Torre de Hércules, unha oportunidade única para descubrir especies locais e migratorias da man do equipo de Puertas Afuera. Tamén poderemos gozar da travesía en veleiro pola baía “A Coruña desde o mar”, cun picnic mariñeiro a bordo e explicacións sobre o ecosistema da man da tripulación de Altavela.

Desde ás 11:00h o Mercado de San Agustín acollerá unha intensa programación con obradoiros ambientais, charlas, música en directo, showcookings e actividades para todos os públicos, destacando:

  • Showcooking con Moncho Méndez do restaurante Millo
  • Obradoiros de reciclaxe, estampaxe e ciencia mariña
  • Degustación de empanadas do mar
  • Concertos de TRAM 32 e Sweet Marie a partir das 19h
  • E o Encontro Inspirador con Anxo Cao, biólogo e fotógrafo mariño, ás 18h

Na DOMUS, ás 19h, terá lugar o encontro con Noemí Sabugal e Pablo J. Casal, autores de Laberinto Mar, un relato fotográfico e literario sobre a nosa relación co mar. Ao remate, Sabugal asinará exemplares do libro.

Un sábado para vivir o mar desde todos os sentidos.