Area de prensa

VEGALSA-EROSKI CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NAS SÚAS TENDAS

12/05/2021

· Faino a través das súas enseñas Eroski e Autoservicios Familia cunha tirada especial de 20.000 bolsas de papel, que se distribuirán nas localidades de Sarria e Vigo, lugares de referencia na vida da autora homenaxeada este ano, Xela Arias, e de 1,3 millóns de bolsas de plástico biodegradable reempregable dispoñibles na súa rede comercial de establecementos propios en Galicia

· A compañía dará a coñecer tamén a figura da escritora nestes establecementos a través de máis de 500 carteis conmemorativos sobre o poeta

· O compromiso co idioma e a cultura galega é un dos valores esenciais da compañía que se expresan tanto nas súas tendas e marca propia como nas súas colaboracións e patrocinios

Vigo, 12 de maio de 2021.- A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski celebra o Día das Letras Galegas rendendo homenaxe á autora recoñecida nesta edición, a poeta Xela Arias, a través das enseñas Eroski e Autoservicios Familia da súa rede comercial en Galicia, que suman 220 supermercados e hipermercados. Faino colocando nestes establecementos material divulgativo sobre a autora, tras realizar unha tirada de máis de 500 carteis conmemorativos da súa figura coa imaxe deseñada por alumnos de primaria do CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro (Redondela) e cunha tirada especial de 20.000 bolsas de papel, que se distribuirán nas localidades de Sarria e Vigo, lugares de referencia na vida da autora, e de 1,3 millóns de bolsas de plástico biodegradable reempregable que estarán dispoñibles na súa rede comercial de establecementos propios en Galicia.

Como arranque da conmemoración desta efeméride a compañía levou a cabo hoxe no seu supermercado Eroski Center de García Barbón de Vigo una pegada simbólica de carteis na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o vicesecretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo;

a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias; os familiares da homenaxeada Xulio Gil e Darío Gil, o director da liña de negocio Eroski e Eroski Center, Florentino Vázquez, e a directora de Relacións Institucionais, RSE e Comunicación de Vegalsa-Eroski, Gabriela González.

Unha empresa con identidade propia

A aposta de Vegalsa-Eroski por potenciar os elementos propios da identidade galega reflíctese no seu cadro de persoal, conformado por máis de 5.640 traballadores na Comunidade, e na súa firme aposta polos provedores galegos.

Tamén nas súas tendas, incluíndo os rótulos en galego; na súa comunicación comercial, en galego, e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. Sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúan á súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galega ou a difusión da cultura de Galicia través de colaboracións na difusión do teatro galego de man de Eroski Paraíso, o patrocinio do Xacobeo 2021 e das xiras de Leira no Camiño de Nova Galega de Danza así como o Resurrection Fest de Viveiro ou o Correlingua en varias localidades.

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 271 establecementos entre propios e franquías baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/Center, Autoservicios Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservicios Cash Record de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homoxeneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.



 volver