Noticias

V NOCTURNA ESTRADENSE 2016

23/06/2016
O Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo Sanpaio, organizan o vindeiro Venres día 24 de Xuño a V Carreira Nocturna Concello da Estrada; a proba será a terceira carreira puntuable para o IV Circuito "Corre A Estrada Corre” en todas as categorías.
 

 

A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e celebrarase dentro do programa das festas patronais de San Paio 2016 nun circuito urbano de asfalto de 4 km o cal os corredores, na proba absoluta, deberán de dar duas voltas.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos
pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.
 
Máis información aquí: http://bit.ly/VCarreiraNocturna_2016


 volver