Quen somos

Somos unha empresa que naceu en Galicia hai máis de seis décadas cunha idea sinxela, estar preto das persoas.

Historia

Vegalsa-Eroski. Máis de 60 anos de compromiso, innovación e proximidade.

Eroski

EROSKI é motor de compromiso no panorama da distribución alimentaria, con saúde, sostibilidade e comunidade ao alcance de todos.

Autoservizos Familia

En Autoservizos Familia Somos o reflexo cotián do teu fogar, o lugar onde cada cesta está chea de vida, coidado e propósito.

Cash Record

En Cash Record sabemos que cada profesional move moito máis que un negocio. Move ideas, sabores e experiencias que deixan pegada.

Responsabilidade Social

Construímos unha cadea alimentaria máis humana, sostible e solidaria, xunto ao noso equipo, clientes e o ámbito galego, asturiano e castelán-leonés.

Produción Local

Cremos que o valor dun produto empeza nas persoas que o fan posible. Por iso creamos o Programa de Acompañamento a Provedores Locais.

Participantes de una carrera popular patrocinada por Vegalsa-Eroski

Sala de prensa

Espazo con noticias, comunicados e recursos corporativos para medios e institucións, que recolle a actualidade de Vegalsa-Eroski, de forma clara, fiable e actualizada.

Vegalsa favicon

Kit de comunicación

Poñemos á túa disposición un kit de comunicación cos recursos necesarios para representar a marca de forma correcta, coherente e profesional.

Talento

Impulsamos un ámbito onde as persoas poden crecer, achegar e xerar impacto real na empresa e no territorio.

Inmobles

Cada inmoble convértese nunha oportunidade para crear valor local e desenvolvemento sostible a través dos nosos proxectos comerciais.

Colaboracions

Impulsamos alianzas e proxectos compartidos que xeran impacto positivo e reforzan o noso compromiso co ámbito.

Inicio / Produción local / Vegalsa-Eroski promove a alimentación galega na súa rede comercial

Vegalsa-Eroski promove a alimentación galega na súa rede comercial

Vegalsa-Eroski promove a alimentación galega na súa rede comercial

A compañía de distribución alimentaria presenta no hipermercado Eroski de Nigrán unha campaña de promoción de produtos galegos co apoio de 100 provedores locais. Máis de 300 referencias contarán con descontos especiais ata o próximo 29 de xullo en todos os establecementos Eroski de Galicia. No evento, tamén presentou a súa campaña de posta en valor dos provedores afincados no rural “Viaxes aquí ao lado”. En 2024, a empresa destinou 566 millóns de euros a adquirir produtos de proximidade, unha cifra que representa xa o 40% das súas compras totais.

Representantes dun centenar de provedores locais de Vegalsa-Eroski déronse cita hoxe no hipermercado Eroski de Nigrán para apoiar o arranque da nova campaña de promoción de produtos de orixe galego impulsada pola compañía de distribución alimentaria, que permanecerá activa en toda a súa rede comercial de establecementos Eroski de Galicia desde hoxe e ata o próximo 29 de xullo, baixo o lema “É bo que sexa de aquí”.

O acto de presentación contou coa participación do alcalde de Nigrán, Juan González; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación da Xunta de Galicia, Cándido Rial e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia, Martín Alemparte. Por parte de Vegalsa-Eroski, interviñeron o director de Compras, Jorge Eiroa, e o director de hipermercados, supermercados e gasolineras Eroski, Florentino Vázquez. Durante a xornada, tanto asistentes como clientes puideron degustar algúns dos produtos incluídos na iniciativa da man de Anfaco, Coren, Pazo de Pías, Ternera Gallega, Mariñeiras, Biscuits Galicia, Casa Grande de Xanceda, Hijos de Rivera, Martín Códax -ademais doutros produtos amparados baixo o distintivo Galicia Calidade-, a través dos postos repartidos polo hipermercado.

“Sempre estaremos ao lado dos produtores, para que os seus proxectos medren á vez que o noso. Deste xeito, contribuímos desde os nosos lineais a impulsar a competitividade das empresas galegas nas comunidades nas que temos presenza á vez que damos resposta ás necesidades dos nosos clientes, cada vez máis comprometidos cun consumo responsable a través da adquisición de produtos de proximidade e tempada”, destacou o director de Compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa, na súa intervención. Máis de 300 produtos galegos permanecerán en promoción os próximos días, ademais de contar con sinais especiais en tenda e nos folletos comerciais.

“Viaxes aquí ao lado”, historias que constrúen país

Durante o acto desta mañá, a compañía presentou tamén a súa nova iniciativa “Viaxes aquí ao lado”, un proxecto dixital co que Vegalsa-Eroski busca dar visibilidade ás historias que están detrás dos produtos que abastecen os seus lineais, concretamente aquelas que se desenvolven no rural.

Nesta primeira edición daranse a coñecer as historias de Ana (gandeira en Oza-Cesuras), Álex (lácteos Kalekoi), Nuria (ovos camperos Pazo de Vilane), Elías (mel Apia Natura) e José (Lácteos Terra de Melide). Cinco pezas de vídeo nas que se conta en primeira persoa por que decidiron emprender no rural. Todas elas estarán dispoñibles na web viaxesaquiaolado.gal/ e proximamente tamén nas redes sociais da compañía. “En Vegalsa-Eroski pensamos que cando se trata de buscar produtores, canto máis preto mellor. Porque mercando local, impulsamos a economía da nosa contorna, fomentamos un consumo máis sostible e apoiamos os proxectos de moitos galegos e galegas que están a revitalizar o noso rural”, indicou o director de Compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa.

Comprometidos coa produción local

Vegalsa-Eroski continúa reforzando cada ano o seu compromiso cos provedores locais a través do aumento do seu investimento en compras de proximidade. En 2024, destinou 566 millóns de euros a adquirir estes produtos, unha cifra que representa xa o 40% das súas compras, mentres que no que leva de exercicio (de febreiro a xuño deste ano), a compañía realizou compras locais por valor de case 225 millóns, cinco millóns máis que no mesmo período do ano pasado.

Durante 2024, a compañía colaborou con preto de 900 produtores locais, dos cales o 80% son galegos. Por categorías, froitas e hortalizas é a sección máis representativa en compras a distribuidores galegos en canto a número de toneladas, con máis de 28.000 toneladas adquiridas durante 2024. A sección de carnicería séguelle de preto, coa adquisición de 21.500 toneladas. En canto ao peixe e o marisco, destaca a posta en valor por parte de Vegalsa-Eroski da compra en orixe das lonxas galegas como Burela, Celeiro, A Coruña, Malpica, Laxe, Ribeira, Marín e Vigo. En 2024, a súa adquisición superou as 6.300 toneladas.