RSC: Coa Comunidade

Somos unha empresa socialmente responsable, comprometida con Galicia, en todos os sentidos.

COMPROMETIDOS CON GALICIA EN TODOS OS SENTIDOS

En Vegalsa-Eroski estamos comprometidos con Galicia en todos os sentidos. Cos agricultores e cos gandeiros, coa pesca, coa industria alimentaria. Traballamos con eles para que cada día teñan máis peso nas nosas tendas e se manteñan e incrementen as producións tradicionais.

IV Encontro co Sector Agroalimentario Galego

No mes de maio de 2010, realizouse, por cuarto ano consecutivo, o encontro anual co sector agroalimentario galego no que Vegalsa-Eroski presentou os seus datos de compras aos provedores galegos en 2009 que ascenden a 200 millóns de euros, o que supón un incremento de case o 10% respecto ao exercicio anterior. Vegalsa-Eroski e o Grupo Eroski, no seu conxunto, realizaron compras por valor de 336 millóns de euros ás pequenas e ás medianas empresas agroalimentarias galegas, dentro da súa continuada aposta por apoiar as economías rexionais, mantendo acordos de colaboración con 368 provedores da comunidade e convenios cos principais consellos reguladores de denominacións de calidade, como a IXP. Ternera Gallega, denominación de orixe Rías Baixas, a IXP Pataca de Galicia e a IXP Lacón Galego.

ALIADOS DAS INSTITUCIÓNS GALEGAS

Como empresa galega, estamos comprometidos coas institucións, co Goberno galego, cos concellos, apoiamos todas as iniciativas que favorezan o emprego e a promoción rexional e local.
Na actualidade, a compañía asinou ou ten previsto activar protocolos de colaboración con diversos departamentos da Xunta de Galicia: Traballo, Medio, Medio Rural, Economía e Industria, Sanidade e Cultura.

 

COMPROMETIDOS COS NOSOS TRABALLADORES

Somos unha compañía comprometida co emprego estable e de calidade, así, ratificámolo, cada ano, nos convenios que asinamos coa Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. A ratio de emprego indefinido supera o 80%; nos últimos catro anos incorporamos máis de 1250 empregados e, anualmente, desenvolvemos, en colaboración coa consellería, varias liñas de actuación para incorporar ao mercado laboral a persoas en risco de exclusión social.

COMPROMETIDOS COS CONSUMIDORES

Ao longo do ano, desenvolvemos máis de 100 paneis de clientes nos que escoitamos as súas suxestións. É a nosa cultura e o compromiso cos nosos clientes o que permite que a nosa organización mellore día a día e responda ás necesidades das persoas e aos grupos sociais. Queremos que os consumidores estean informados e formados, tanto en produtos coma en hábitos de vida sa, para o que poñemos á súa disposición a nosa revista Consumer Eroski e a incorporación dos nosos produtos ao "semáforo nutricional".