RSC: Coa Acción Social

Comprometidos coa axuda aos máis necesitados

Vegalsa-Eroski é unha empresa socialmente responsable que, consciente do papel que xoga na sociedade, aposta por realizar as accións de apoio social encamiñadas a mellorar a situación dos máis desfavorecidos. Entre as accións sociais destacan:

CESIÓN GRATUÍTA DE LOCAIS PROPIOS PARA FINS SOCIAIS

Cedéronse, de xeito gratuíto, ao Concello de Xinzo de Limia, ao de Verín e ao de Ferrol locais para albergar as actividades de carácter socio-cultural e como sede para organizacións benéficas.

COLABORACIÓN COA COCIÑA ECONÓMICA DA CORUÑA

A acción consiste na recollida de roupa usada nos nosos supermercados da Coruña, durante as datas de Nadal, concluída a campaña entregamos á Cociña Económica o peso da roupa recollida en alimentos para a elaboración dos seus menús diarios

OPERACIÓN QUILO COS BANCOS DE ALIMENTOS DE GALICIA E OUTRAS ONG

A través desta acción, recollemos, nos nosos supermercados, alimentos doados polos clientes e completa Vegalsa-Eroski a achega coa cantidade equivalente do produto máis doado.

DOAZÓN DE ALIMENTOS A ENTIDADES BENÉFICAS E AS ONG

Grazas ao proceso de loxística inversa que temos posto en marcha podemos doar os alimentos excedentes da actividade comercial que cumpren os parámetros de calidade e recomendación de consumo.

DOAZÓN DE ALIMENTOS A COMEDORES SOCIAIS

En colaboración con diversos comedores benéficos de toda Galicia, entregamos, cada mes, 10 000 kg de alimentos valorados en 6000 € destinados a abastecer as despensas dos seus comedores sociais.

PATROCINIO DE COMIDAS BENÉFICAS

Estamos comprometidos con diversos comedores benéficos distribuídos ao longo da xeografía galega para a doazón de todos os alimentos necesarios para a realización das comidas nas datas máis significativas como o Día do Pai, o Día da Nai, o Día de Santiago Apóstolo, o Día Nadal ou o Día de Reis.

CAMPAÑA AXUDA HAITÍ

Grazas ás doazóns realizadas polos nosos clientes, nos nosos puntos de venda, recadamos un total de 50 000 euros que foron doados a UNICEF, Vegalsa-Eroski complementou a doazón cunha contribución de 6000 euros realizada a través da Cruz Roja en España. O importe total recadado por Grupo Eroski, a nivel nacional, supera os 300.000 euros.