RSC: Co Medio

Comprometidos co Medio e o Desenvolvemento Sustentable

Vegalsa-Eroski mantén un compromiso firme co desenvolvemento sustentable, así, integramos a variable ambiental no día a día da nosa empresa, tomamos as decisións e xestionamos a actividade empresarial seguindo o criterio básico de respecto ao medio. Na política ambiental de Vegalsa-Eroski e no documento anual Devolve a cor á Natureza recóllense as nosas principais accións nas que se involucran a traballadores, a provedores e a clientes.

Entre as accións orientadas ao desenvolvemento sustentable destacan.

PROXECTO DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE-RESIDUO CERO

En colaboración co Instituto Universitario de Medio da Universidade da Coruña e da Fundación Empresa Universidade de Galicia, VEGALSA-EROSKI puxo en marcha por primeira vez en Galicia un plan ambiental integral, que será aplicable en todos os seus establecementos comerciais e nas súas plataformas loxísticas, así como nas instalacións centrais e na frota de transporte e considerará todos os ámbitos relacionados co medio e co desenvolvemento sustentable.

A REDUCIÓN E A XESTIÓN DE RESIDUOS XERADOS POLA ACTIVIDADE

Plataforma de xestión do mobiliario (PMI):

Neste almacén valorízase o mobiliario e o equipamento usado susceptible de ser recuperado noutras tendas.

Instalación dun compactador de cartón e de plástico en tendas propias e franquías.

Xestión da alimentación envasada fóra da data de venda:

Retornamos aos nosos almacéns, a través de loxística inversa, os produtos que se retiran da venda, asegurando, en todo momento, a cadea de frío. Por unha parte, os produtos caducados e non aptos xestiónanse a través de operadores autorizados para evitar que se depositen nos colectores urbanos. Por outra banda, dóanse ás entidades benéficas aqueles alimentos que se retiran da tenda antes da data de caducidade e que chegan a plataformas dentro da data límite de consumo.

Xestión con operadores autorizados dos subprodutos cárnicos xerados pola actividade en todas as tendas e as plataformas.

Xestión do equipamento informático:

Xestionamos o equipamento informático a través de operadores autorizados e doamos o material informático non obsoleto as ONG.

XESTIÓN DE RESIDUOS ALLEOS Á ACTIVIDADE

Recollida de aceites domésticos usados.

Colocación en todos os puntos de venda propios dun moble para a recollida de aceites domésticos usados a disposición de todos os consumidores.

Recollida de pilas.

Instalación de puntos de recollida de pilas en todos os puntos de venda.

Recollida de roupa e calzado usado.

Cesión do espazo, nos nosos puntos de venda, a entidades benéficas para instalar os colectores para a recollida.


REDUCIÓN DE CONSUMO ENERXÉTICO

·  Incorporación de illas e armarios de conxelado pechados.

·  Incorporación da domótica para a xestión dos elementos eléctricos.

·  Peche de murais de carnizaría, chacinaría e lácteos.

·  Instalación de tecnoloxía LED en iluminación.


Descripción de la imagen o imágenes

REDUCIÓN DO CONSUMO DE BOLSAS DE PLÁSTICO

Posta a disposición dos clientes de bolsas reutilizables en EROSKI CENTER.

COMPENSACIÓN DE EMISIÓNS DE CO2

Comprometémonos á compensación das emisións de CO2 emitidas pola nosa frota de camións mediante a plantación anual de máis de 1000 árbores autóctonas coa participación voluntaria do cadro de persoal da compañía.

CAMPAÑA ANUAL DEVOLVE A COR Á NATUREZA

O principal obxectivo deste proxecto é concienciar os clientes sobre a importancia do coidado do medio e informar das accións que, cada ano, desenvolve a compañía nesta materia.