Produtos Galegos

A promoción e o desenvolvemento da industria agroalimentaria de Galicia, compromiso estratéxico

Descripción de la imagen o imágenes

O crecemento de Vegalsa-Eroski ten unha relación directa co compromiso estratéxico de ascender e de desenvolver tanto os produtos galegos de calidade agrarios e pesqueiros como a industria alimentaria de Galicia.

 

As carnes, os pescados, os viños, os queixos, as verduras, a froita etc. A extraordinaria produción agroalimentaria e industrial de Galicia atopa o mellor aliado para a súa comercialización nos supermercados de Vegalsa-Eroski.

 

Pola súa banda, os provedores galegos son o mellor aliado de Vegalsa-Eroski para contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia, así, en 2009 as compras a provedores galegos ascenderon a 200 millóns de euros, un 10% máis respecto ao ano anterior.

 

Tanto os produtos pesqueiros tradicionais como a "pesca de ría", así como as especies que,historicamente, faenaron os pesqueiros galegos de baixura e en augas comunitarias dotan as nosas peixarías dunha oferta moi atractiva, moi do gusto culinario da cociña galega.

 

A sinalización dos produtos galegos na tenda permite a súa nítida identificación polos clientes e potencia a súa capacidade de elixir a mellor oferta das especialidades tradicionais do país. O extraordinario desenvolvemento da industria conserveira galega e as numerosas variedades e especialidades dan ás conservas de peixes e mariscos unha presenza primordial nos nosos lineais de venda e na mesa dos nosos clientes.

 

Denominaciones de OrigenDesde Vegalsa-Eroski colaboramos coas denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas para a comercialización e a promoción dos produtos galegos de calidade nas nosas tendas. Un bo exemplo son os convenios asinados coa IXP Pataca de Galicia, coa IXP Ternera Gallega ou coa IXP Lacón Galego; as carnes tradicionais de calidade certificada son a base da oferta das nosas carnizarías garantido a súa presenza destacada nas nosas tendas. Estes convenios foron pioneiros na distribución española e galega, e imprescindibles para o desenvolvemento do sector produtor gandeiro de calidade.

 

Galicia é a primeira rexión española en produción láctea, tanto en leite coma en derivados lácteos, a presenza dos produtos galegos nas nosas tendas é moi significativa, destacan os queixos galegos con denominación de orixe.

 

Os nosos clientes e os nosos consumidores constitúen o principal impulso para o crecemento imparable dos produtos galegos nas nosas tendas. As reunións, as xuntanzas e os focos de clientes permítennos coñecer a súa percepción e a súa sensibilidade ante a oferta e axúdannos a satisfacer as necesidades da poboación galega, que aprecia, en moi alto grao, os valores culturais, os gastronómicos e os históricos dos produtos do mar e da terra de Galicia.