
1939-1945 1959 1968 1975 1977-1984 1987 1990 1994 1996-1998 2001 2002 2004 2005 2006 2007 2008 2009
Vegalsa-Eroski, empresa líder da distribución comercial en Galicia, está formada ao 50% pola familia de Ventura González e Eroski. As orixes da compañía remóntanse aos anos corenta do pasado século XX, cando o fundador e o actual presidente de honra instala en Vigo o seu primeiro negocio de alimentación. Nun longo percorrido, sempre en vangarda dos formatos comerciais en Galicia, a compañía opera como almacenista de alimentación, crea as primeiras tendas, inaugura e expande o modelo de franquía, ata a creación dunha rede de supermercados propios que se estende por toda Galicia con distintas insignias. En 1998, coa alianza con Eroski, a compañía fortalécese para abordar os retos do liderado comercial en Galicia, o que consegue cunha política de compromiso coa Comunidade, con presenza en todo o territorio e aposta polos produtos galegos. Vegalsa-Eroski, con máis de 4300 traballadores, é a sexta empresa de Galicia por facturación e emprego.
Podes coñecer a nosa historia, ao premer na ligazón, en cada un dos anos.
1939 - 1945
No ano 1939, don Ventura González Prieto, actual presidente de honra da empresa, trasládase a Vigo desde o seu Valderrey natal, pon en marcha, en 1944, un posto de carnizaría no Mercado O Calvario en Vigo. No ano 1945 comeza a súa andaina no mundo da distribución alimentaria e crea o seu primeiro negocio de alimentación no municipio de Vigo, cunha sala de vendas de 100 m2.

1959
Prodúcese a admisión na Cadea SPAR cando xa era a primeira almacenista do ámbito vigués e, pouco a pouco, vaise introducindo a referencia de Marca Propia SPAR.

1968
Tras a boa marcha deste primeiro establecemento, en 1968 comeza a construción do que será o seu primeiro almacén. Con este almacén, que será inaugurado en 1969, con 4000 m2 no Troncal (Vigo), conseguirá nuns anos expandirse por toda Galicia.

1975
O punto de inflexión na súa actividade como almacenista prodúcese en 1975 coa creación de Mercash Sar S.L., a primeira sociedade especializada na actividade de Cash&Carry, que nace coa vocación de dar servizo aos profesionais do mundo da hostalaría e da alimentación. Un ano máis tarde, esta sociedade dará paso aos comezos da insignia Cash Record.

1977 – 1984
Tan só dous anos máis tarde, en 1977, constitúese a empresa Vegonsa e comeza, así, unha nova era na súa actividade empresarial.
O forte ritmo de crecemento da compañía fai posible que en 1984 se inicie a expansión xeográfica cara o norte de Galicia que culmina coa creación da empresa Savengo, que dispoñía dun centro distribuidor cunha superficie de 5000 m2 no polígono industrial A Grela (A Coruña).

1987
En 1987, Vegonsa comeza, no mes de novembro, o primeiro establecemento no Porriño (Pontevedra), cunha superficie de 486 m2.

1990
En 1990 inaugúrase o primeiro Cash&Carry de nova xeración en Galicia, situado no polígono industrial A Grela (A Coruña), que incorporaba como novidade unhas amplas seccións de produtos frescos nunha superficie de 2000 m2 de sala de vendas con 60 prazas de aparcadoiro e con servizo de cafetaría—restaurante.

1994
En 1994, Savengo inicia o proceso de expansión da súa rede de Autoservicios Familia. En xuño deste mesmo ano, inaugúrase o primeiro establecemento Familia na Coruña cunha superficie de 235 m2 na rúa Ramón Cabanillas.

1996 - 1998
No ano 1996 póñense en marcha as actuais Plataformas de Produtos Frescos na Coruña. Ese mesmo ano, adquírese a empresa de supermercados Hijos de Ignacio Tabarés, co que se incorporan 27 novos establecementos situados na súa maior parte en Ourense.
É en marzo de 1998, cando se dá un impulso definitivo a actividade de empresa coa sinatura de Alianza co Grupo Eroski, nace a sociedade Vegalsa-Eroski, cunha participación do 50% polo Grupo Eroski e a familia González Prieto.

2001
No mes de setembro inaugúrase en Vigo o Cash Record Troncal e convértese no cash&carry máis grande de Galicia con máis de 3200 m2, amplas seccións de produtos frescos, máis de 75 prazas de aparcadoiro e servizo de cafetaría-restaurante.
No mes de outubro de 2001 inaugúrase, oficialmente, a Plataforma de Mercadorías Xerais en Sigueiro, nun acto presidido polo Excmo. Sr. don Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia. A plataforma loxística conta con máis de 27000 m2 de superficie e cos sistemas de xestión máis modernos da distribución alimentaria.
Este mesmo ano, tamén se inicia a modernización e a ampliación das Plataformas de Produtos Frescos na Coruña (froita, lácteos, carnizaría, carnizaría e peixaría).
2002
En 2002 inaugúrase a Escola de Distribución Ventura González, pioneira do seu xénero en Galicia que supuxo un investimento de 300 000 €. Esta Escola de Distribución conta con 900 m2, que se distribúen en cinco salas de formación especializada e tres salas de formación teórica multimedia, ademais de vestiarios e outros servizos independentes.

2004
En 2004, ponse en marcha a nova Plataforma de Peixe tamén na Coruña (polígono de Pocomaco) con 1500 m2 de superficie.

Ábrense os primeiros Supermercados de Nova Xeración e é o Eroski Center de Sarria o pioneiro, conta con 2000 m2 de sala de vendas, máis de 150 prazas de aparcadoiro e unha gasolineira.

2005
En setembro, prodúcese o lanzamento da nova Marca Propia EROSKI que substituirá á Marca CONSUMER. Os fabricantes dos produtos EROSKI son líderes no seu sector, están homologados por Eroski e seleccionados pola súa capacidade de innovación permanente.

2006
En marzo de 2006, asinamos o primeiro Protocolo de colaboración entre a Consellería de Traballo e Vegalsa-Eroski que permitiu a creación de máis de 320 novos emprego e alcanzouse, así, unha estabilidade no emprego do 79%.

No mes de maio, prodúcese o lanzamento da primeira Campaña Ambiental Devólvelle a cor á Natureza, na que se comunican as políticas ambientais da empresa. Este mesmo ano, entra en funcionamento a nova Plataforma de Mobiliario Inmobilizado (PMI) en Pocomaco (A Coruña) con 1500 m2 de superficie na que se centraliza todo o equipamento usado da compañía para a súa reciclaxe.
No mes de setembro, Vegalsa-Eroski celebra os seu 50 aniversario, nun acto presidido polo Excmo. Sr. don Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galicia que contou tamén coa presenza de Constan Dacosta, presidente do Grupo Eroski e Juan Antonio Kortázar, presidente de Vegalsa-Eroski.

2007
No mes de marzo de 2007, renovamos o Protocolo de colaboración coa Consellería de Traballo que permitiu a creación de 393 postos de traballo. En maio de 2007, realízase o I Encontro co Sector Agroalimentario Galego, acto que congregou a máis de 150 representantes das industrias galegas e dos consellos reguladores de Galicia.

No mes de outubro, prodúcese o lanzamento do proxecto Eroski City en Galicia, realízase a primeira proba na cidade da Coruña, na rúa Fernando Macías.

2008
En 2008 renovamos, por terceiro ano consecutivo, o convenio coa Consellería de Traballo polo que nos comprometemos coa creación de 370 empregos.
No mes de maio, prodúcese a apertura da primeira franquía integral Eroski City en Galicia, trátase dun establecemento 100% porción consumidor situado en Arca, Concello do Pino (A Coruña) con 400 m2 de superficie e cun amplo aparcadoiro.

No mes de xullo, asínase o convenio para a posta en marcha do Proxecto de desenvolvemento sustentable residuo cero— en colaboración coa Universidade da Coruña, a través do Instituto Universitario de Medio e a Fundación Empresa—Universidade Galega, o acto foi presidido por don Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.

No mes de novembro, preséntase no Club Financeiro de Vigo o libro-homenaxe ao noso presidente de honra, don Ventura González Prieto, e a súa esposa, dona Carmen Iglesias Sobral editado baixo o título Homenaxe a un emprendedor, Ventura González Prieto e a distribución alimentaria en Galicia, 1945-2007, o acto foi presidido polo Ilmo. Sr. don Abel Caballero Soto, alcalde do Concello de Vigo.

No mes de decembro, inícianse as probas piloto do Proxecto peixaría en libre servizo e elixísese, para iso, a apertura do primeiro establecemento propio Eroski City (A Zapateira, Coruña).

2.009
En xaneiro de 2009, Vegalsa-Eroski asina un convenio coa Consellería de Medio Rural polo cal máis de 75 empregados voluntarios realizan a plantación de máis de 1000 árbores autóctonas no municipio de Padrón co obxectivo de compensar as toneladas de CO2 que emite á atmosfera a nosa frota de camións.
