Noticias

AS LETRAS GALEGAS NA BOLSA DA COMPRA DE VEGALSA-EROSKI

11/05/2017

·A compañía galega de distribución alimentaria conmemora esta data sinalada cunha tirada especial de 400.000 bolsas que están a disposición dos seus clientes nos supermercados das enseñas Eroski/Center, Autoservicios Familia e Hipermercados Eroski

·Ademais, levou a cabo tamén unha tirada de máis de 500 carteis conmemorativos para difundir a figura e obra do escritor ourensán Carlos Casares nas 228 tendas de toda a súa rede comercial en Galicia

A Coruña, 10 de maio de 2017.- Un ano máis a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski súmanse á conmemoración do Día das Letras Galegas 2017, fiel ao seu compromiso coa cultura e lingua propias, lembrando a figura do escritor ourensán Carlos Casares, a quen se lle dedica este 17 de maio. Para renderlle homenaxe, a empresa elaborou material promocional e divulgativo sobre o autor, facendo unha tirada de máis de 500 carteis conmemorativos para as tendas de toda a súa rede comercial en Galicia, que suman un total de 228 establecementos. Ademais, desde Vegalsa-Eroski levouse a cabo tamén unha tirada especial de 400.000 bolsas dedicadas a esta festividade que están a disposición dos clientes nos supermercados das súas enseñas Eroski/Center, Autoservicios Familia e Hipermercados Eroski.

A compañía quixo formalizar o seu compromiso coas Letras Galegas, organizando un acto conmemorativo no seu Hipermercado Eroski de Noia (A Coruña) a través dunha pegada simbólica de carteis na que participaron a directora de Relacións Institucionais e RSC da compañía, Gabriela González, e o director da liña de Negocio Eroski/Center e Hipermercados Eroski, Florentino Vázquez, acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, polo alcalde da localidade, Santiago Freire, así como por representantes da Fundación Carlos Casares e da Real Academia Galega.

Compromiso coa identidade propia

Esta acción englóbase dentro dunha aposta histórica de Vegalsa-Eroski por potenciar os elementos propios da identidade galega e en especial a súa lingua. Unha aposta por Galicia que se expresa tamén no seu plantel conformado por máis de 5.600 traballadores así como na aposta polos provedores galegos, compras que en 2016 ascenderon a máis de 270 millóns de euros, e na súa contribución por crear emprego na Comunidade.

Durante este 2017 Vegalsa-Eroski continuará reforzando a súa liña de compromiso coa cultura galega como xa deixou patente anos atrás con outras actuacións como a súa colaboración no Resurrection Fest, en 2016, ou co respaldo en 2015 a iniciativas como o patrocinio do evento ‘A Coruña 2015. 120 anos despois’; a participación na iniciativa ‘Correlingua de Vigo’ para a defensa do idioma galego, ou a doazón, en 2014, á Axencia de Turismo de Galicia para contribuír a conmemorar o VII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. Sinalar tamén a esponsorización do 800 Aniversario da Consagración da Catedral Compostelá, en 2011, ou o Xacobeo 2010, ademais de elaborar e actualizar a Guía de Consumer Eroski, a publicación sobre o Camiño de Santiago máis visitada do mundo.

 volver

Area de prensa

Comunicados

Contacto

Directora de comunicación y RRII

Gabriela González
Edificio Vegalsa-Eroski
C/ Gambrinus, 9-11, Polígono de Agrela
15008 - A Coruña
ESPAÑA

Tel. +34 981 179 300
Fax: +34 981 179 350

atencionalcliente@vegalsa.es