Noticias

NO BICO UN CANTAR 2016

03/06/2016
O trobador Johán de Cangas achéganos a estas ribeiras do mar dacabalo dos
versos amargos na boca da amiga. O seu lamento esténdese polas mainas
ondas da ría de Vigo para se abrazar ás cantigas de Martín Códax, Meendinho,
Pero Viviaez e tantos outros compositores que converteron esta costa en escenario
privilexiado das súas fermosas coitas poéticas. Por iso, o concerto
No bico un cantar, na súa edición dedicada aos trobadores, non podía escoller
mellor lugar ca este. Cangas acolle a festa da música e da palabra que reúne
cincocentas nenas e nenos de toda Galicia, dirixidos pola batuta de Maximino
Zumalave e acompañados dos metais de Hércules Brass. E van catro. Santiago
de Compostela cantou a Rosalía de Castro, Celanova lembrou a Curros
Enríquez e Cambados vibrou con Ramón Cabanillas. O recital é xa unha cita
ineludible que xunta, todos os primeiros venres de xuño, as partituras e os
poemas dos nosos creadores e creadoras máis senlleiras. Nesta ocasión, a
iniciativa do Consello da Cultura Galega e da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Concello de Cangas,
quere honrar o herdo dos trobadores dos séculos xiii e xiV, a «gloriosa lírica
gallega», tal e como foi cualificada por Antón Villar Ponte en Nuestra afirmación
regional.

 volver

Area de prensa

Comunicados

Contacto

Directora de comunicación y RRII

Gabriela González
Edificio Vegalsa-Eroski
C/ Gambrinus, 9-11, Polígono de Agrela
15008 - A Coruña
ESPAÑA

Tel. +34 981 179 300
Fax: +34 981 179 350

atencionalcliente@vegalsa.es